Estas son os tipos de empresa existentes, clasificadas en función de se é unha persoa física ou se é unha persoa xurídica:
EMPRESARIO/A INDIVIDUAL - AUTÓNOMO
Persoa física que realiza en nome propio e por medio dunha empresa unha actividade comercial, industrial ou profesional.
As características do traballo autónomo son:
- Control total da empresa por parte do propietario/a, que dirixe a súa xestión.
- A personalidade xurídica da empresa é a mesma que a do seu titular (empresario/a), quen responde persoalmente de todas as obrigacións que contraia a empresa.
- Non existe diferenciación entre o patrimonio mercantil e o seu patrimonio civil.
- Non precisa proceso previo de constitución. Os trámites inícianse ao comezoda actividade empresarial.
- A achega de capital á empresa, tanto na súa calidade como na súa cantidade, non ten máis límite que a vontade da persoa empresaria
COMUNIDADE DE BENS
Propiedade dunha cousa ou dereito que pertence pro indiviso a unha pluralidade de persoas.(definición código civil). As características:
- Non ter personalidade xurídica propia.
- Réxese polo Código de Comercio e en materia de dereitos e obrigacións polo Código Civil.
- Debe haber un contrato privado onde se especifiquen as achegas e a porcentaxe que ten cada comuneiro/a na comunidade.
- O comuneiro/a non ten que facer unha achega mínima. Pode achegar só bens, considerando bens o diñeiro ou o traballo por se sós.
- Teñen que ser como mínimo dúas persoas
SOCIEDADE DE RESPONSABILIDADE LIMITADA (S.L)
Réxese polo Real Decreto Lexislativo 1/2010 do 2de xullo.
A Sociedade de responsabilidade limitada é unha sociedade de carácter mercantil na que o capital social, que estará dividido en participacións sociais, indivisibles e acumulables, integrarase polas achegas de todos os socios/as, quen non responderán persoalmente as débedas sociais.
Os Órganos sociais están compostos por:
· Xunta Xeral de socios/as
· Os Administradores
A Responsabilidade está limitada ao capital aportado.
SOCIEDADE LIMITADA DE NOVA EMPRESA
É unha especialidade da Sociedade de Responsabilidade Limitada (SRL). O seu capital social está dividido en participacións sociais e a responsabilidade fronte a terceiros está limitada ao capital achegado.
O número máximo de socios no momento da constitución limítase a cinco, que han de ser persoas físicas. Permítese a Sociedade Limitada Nova Empresa unipersonal.
O número de persoas socias pode incrementarse pola transmisión de participacións sociais. Se como consecuencia da transmisión, son persoas xurídicas as que adquiren as participacións sociais, estas deberán ser enajenadas a favor de persoas físicas no prazo máximo de tres meses.
O obxecto social é xenérico para permitir unha maior flexibilidade no desenvolvemento das actividades empresariais sen necesidade de modificar os estatutos da sociedade.
A denominación social componse dos apelidos e o nome dun dos socios máis un código alfanumérico único (ID-CIRCE).
SOCIEDADE ANÓNIMA
É unha sociedade de carácter mercantil na que o capital social, dividido en accións, está integrado polas aportacións das persoas socias, quen non responden persoalmente das débedas sociais.
Está formada polos seguintes órganos sociais:
- Xeral de accionistas.
- Administradores.
- Administradores.
SOCIEDADE DE RESPONSABILIDADE LABORAL
Son sociedades de responsabilidade limitada nas que a maioría do capital social é propiedade das persoas traballadoras que prestan nelas servizos retribuídos de forma persoal e directa, e que teñen unha relación laboral por tempo indefinido coa sociedade.
Na denominación deberá figurar a indicación "Sociedade anónima laboral" ou "Sociedade de responsabilidade limitada laboral" ou as súas abreviaturas SAL ou SLL.
O capital social estará dividido en accións nominativas ou en participacións sociais.
Cando se trate de sociedades anónimas laborais, o capital social mínimo será de 60.000 €, desembolsado polo menos nun 25 por cento no momento da constitución.
Se se trata de sociedades limitadas laborais o capital social mínimo será de 3.000 €, desembolsado no momento da constitución.
SOCIEDADE COOPERATIVA
Unha sociedade cooperativa é unha sociedade constituída por persoas que se asocian, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, para realizar actividades empresariais, encamiñadas a satisfacer as súas necesidades e aspiracións económicas e sociais, e que funcionan con estrutura e funcionamento democrático.