A marca persoal significa “construír o teu propio marketing”, mellorando e aumentando a notoriedade no mercado laboral. Crear unha marca persoal non é outra cousa que coñecernos poñendo en valor as competencias e características que nos fan destacar.
A finalidade de calquera marca, incluída a marca persoal, é vender. Buscar emprego é converter os servizos da persoa en busca de emprego nunha oferta comercial na que se vende a capacidade de traballo. Hai que aprender a vender o que fas (non o que es).
Á hora deseñar a túa Marca Persoal (personal branding) é imprescindible fixarse unha meta: ¿Que quero facer?, ¿En que quero ser experto?.
A marca persoal na rede
A creación da túa marca persoal non é algo sinxelo. Dende o primeiro momento que creas unha conta en twitter, linkedin, facebook, etc, estás creando a túa marca persoal.
Terás que empregala de forma efectiva para obter beneficios. Debemos posicionarnos e estar nas canles adecuadas, crear unha imaxe propia e fiel ás nosas crenzas e valores.
Recomendacións para crear a túa Marca Persoal na Procura de Emprego.
- Dedica tempo e esforzo a cada rede social, coida a información que vas a expoñer sobre ti e sobre a túa experiencia laboral, sobre a túa imaxe, logros, etc.
- Debes coñecer as posibilidades que te ofrece cada ferramenta para axudarte a buscar emprego, contactos e networking (traballar a túa rede de contactos. Facer Networking é acudir a actividades eventos co fin de incrementar a rede de contactos profesionais e buscar oportunidades de negocio.)
- Busca nas redes sociais, empresas e reclutadores/as que te podan interesar par o teu futuro posto de traballo.
- Traza unha estratexia sobre os contidos, que queres publicar e que queres que te definan coma profesional.
- Traballa no teu CV, creativo é gráfico. (ver entrada CV deste blog)
- Personaliza as cartas de presentación ( ver entrada carta de presentación deste blog)