xoves, 4 de maio de 2023

AS DINÁMICAS DE GRUPO EN PROCESOS DE SELECCIÓN

As dinámicas de grupo para selección de persoal son probas colectivas que teñen coma obxectivo observar ás persoas candidatas noutro contexto para comprobar as súas competencias laborais, capacidades, a súa aptitude para traballar en grupo e outras cuestións que a compañía necesita coñecer para saber se é a persoa axeitada para o posto ofertado.

O obxecto das dinámicas grupais en procesos de selección é avaliar as competencias das persoas candidatas mentres interactúan. Adoitan ser reunións  dun grupo de entre seis e oito persoas, a quen se lles expón unha situación sobre a que teñen que tomar unha serie de decisións. Unha das dinámicas máis habituais e formar un equipo ficticio que terá que decidir que facer ante unha situación concreta, coma por exemplo un naufraxio (exemplos dinámica da nasa, da illa deserta…).


O QUE HAI QUE FACER

— Mostrarse natural e con seguridade nun mesmo.

— Argumentar con sentido nas distintas intervencións.

— Apoiar as opinións doutras persoas candidatas, si se está de acordo.

— Mostrarse educada/os e corteses co resto do grupo.


VALORARASE

— Romper o xeo ao comezo da proba.

— Enfocar a discusión e servir de guía para o grupo (sen autoritarismos), intentando alcanzar un consenso.

— Resumir e sacar conclusións antes de finalizar.


O QUE SE DEBE EVITAR

— Monopolizar a charla.

— Gardar silencio durante toda a proba.

— Criticar as intervencións das demais persoas candidatas.

— Ser polémica/o ou pretender estar en posesión da verdade absoluta.


PREPARA A TÚA ENTREVISTA DE TRABALLO



Descobre a metodoloxía ideal para preparar a túa próxima entrevista de traballo.
Sorte!!

martes, 2 de maio de 2023

MODELO CANVAS

Este método, analiza os modelos de negocio en nove bloques, a través dos que se pode ver de xeito moi visual, a relación que se establece entre a estrutura interna da idea de negocio ou da actividade empresarial e o mercado.

Polo tanto, esta ferramenta, contribuirá a que podas plasmar de xeito gráfico toda a información sobre o teu proxecto empresarial co fin de establecer as relación entre todas as partes que o integran e así asegurar o éxito do mesmo.

Os nove bloques, abranguen as catro principais áreas dunha empresa:

- Clientela

- Oferta

- Infraestruturas

- Viabilidade económica

Este método describe como unha organización crea, proporciona, entrega e capta valor, analizando os elementos clave que se deben definir antes de lanzar o produto ou servizo ao mercado.



PREME PARA DESCARGAR "GUÍA PARA A ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA":

Modelo Canvas. Plan de Negocio


Vídeo COMO APLICAR O MODELO CANVAS



Boletín de Ofertas de Emprego nº 07, do 17 de marzo de 2023.