COÑÉCENOS

 

O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE UGT SERVIZOS PÚBLICOS GALICIA


Os programas integrados de emprego (PIE) son instrumentos dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral, de persoas en situación de desemprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nos programas integrados de emprego desenvolvememos as seguintes accións:
  • Información, orientación e asesoramento, realizando un acompañamento e seguimento da persoa desempregada .
  • Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
  • Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
  • Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
  • Fomento da capacidade emprendedora.
  • Prospección empresarial.
  • Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
  • Formación para o emprego
  • Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas. 
  • Obradoiros sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures) así como outros que informen as persoas usuarias das posibilidades de inserción laboral ao ampliaro ámbito xeográfico de busca de emprego fóra do concello de residencia.

O Programa Integrado de Emprego de UGT SERVIZOS PÚBLICOS está enfocado ao sector SOCIOSANITARIO