O principal é preparala ben, reducindo por unha banda o nivel de inseguridade e por outra aumentando a capacidade de adaptabilidade ante calquera situación (ASPECTOS IMPORTANTES NUNHA ENTREVISTA)
É moi importante acudir á entrevista ben informado/a sobre as actividades, clientes, etc da empresa que te vai entrevistar, así como coas ideas claras sobre o teu obxectivo profesional.
PASOS PREVIOS Á ENTREVISTA DE TRABALLO:
- Infórmate ben sobre a empresa (sector e actividade da empresa, servizos, produtos, políticas de empresa, publicidade, valores, …)
- Coñece moi ben o teu Currículum vitae.
- Prepara respostas ás PREGUNTAS relacionadas co mesmo.
- Aprende a definirte en poucas palabras. Reflexiona antes sobre as túas cualidades.
- Os teus puntos fortes (logros e éxitos anteriores ou capacidades), para incidir neles.
- Anota os teus puntos febles e prepara argumentos para defendelos.
- Asegúrate do lugar e da hora da entrevista. Pensa no medio de transporte que utilizarás para acudir á entrevista e calcula o tempo necesario. Un teléfono de contacto coa empresa, se te atrasas por calquera motivo (avaría, atascos, etc....) poderías chamar á empresa e darlle a coñecer a situación.
- Ten claros os teus obxectivos e expectativas profesionais.
- Se te citan por escrito, confirma telefonicamente a túa asistencia.
- Prepara unha lista de preguntas relacionadas co emprego. Ao final da entrevista daranche a oportunidade de facer as preguntas que desexes.
- Un caderno e un bolígrafo.
Qué pretende a persoa entrevistada?
CONSEGUIR O EMPREGO: Transmitir una imaxe acorde ás condicións solicitadas. Evitar o nerviosismo.
Que prentende o/a enentrevistador/a?
OBTER A MAIOR INFORMACIÓN POSIBLE: Acertar na elección do/a mellor candidato/a. Contrastar a información e asegurarse da coherencia
A entrevista de traballo pode ser:
- INDIVIDUAL. É a mais habitual de todas. Lévase a cabo entre a persoa que busca o emprego e un representante da empresa que ofrece o posto de traballo.
- GRUPAL (con múltiples persoas candidatas). A persoa representante da empresa encárgase de avaliar a un grupo de persoas candidatas ao mesmo tempo. En ocasións, a entrevista compleméntase cunha actividade onde se poden avaliar as habilidades colaborativas de cada unha das persoas participantes; DINÁMICAS DE GRUPO EN PROCESOS DE SELECCIÓN.