A Procura de Emprego debe partir da realización dun bo e axeitado CURRICULUM.
Podemos definilo como:
- Tarxeta de presentación na busca de emprego. É o primeiro instrumento de contacto entre a persoa demandante de emprego e a empresa.
- Primeira impresión que se recibe de nos.
- Primeiro filtro que deben pasar os candidatos
- Documento que resume de forma clara os datos persoais, a formación e a experiencia profesional dunha persoa.
- Ten que conseguir atraer o interese e espertar a atención do que o le.
- Brevidade. Non exceder de dúas paxinas.
- Linguaxe claro e directo.
- Nunca contar fracasos.
- Intentar non deixar “lagoas temporais”, por exemplo períodos sen traballo ou sen estudos que poidan suscitar dúbidas.
- Non cometer faltas de ortografía.
- Enviar orixinais.
- Non grapar as follas.
- Facelo a medida da oferta á que se acude.
- Non asinalo
- Non mencionar termos económicos.
- Non incluír diplomas nin xustificantes, pero ter preparados os documentos e títulos do reflectido no cv.
- Incluír a data de actualización.
QUÉ DEBO INCLUÍR NO MEU CV | QUÉ NON DEBO INCLUÍR NO CV |
Datos Persoais (incluír fotografía tamaño carnet) Formación académica Formación Complementaria Experiencia profesional Idiomas Informática Outros datos de interese Referencias | Fotografía dunha boda, na praia, etc Letras recargadas ou excesivamente creativas Mentiras Ao realizar apreciacións dos propio coñecementos, se debe ser o máis obxectivo posible evitando frases como familiarizados en… acostumado a.. |
A clave do cv reside no seu poder de comunicación.
Debe transmitir dúas mensaxes: Que a persoa é capaz de realizar o traballo, e que é rentable para a empresa.
Debe orientar cara as túas posibilidades futuras e non as experiencias pasadas.
Unha boa presentación non é importante, é imprescindible.
Non existe un formato mellor ca outro. A elección dependerá da situación en cada momento.
Unha vez que temos decidido como estructurar e distribuír a información, debemos redactar o cv. Existen plataformas en liña que ofrecen plantillas para deseñar o cv dunha forma atractiva e visual. A continuación achegamos algunhas delas: