As dinámicas de grupo para selección de persoal son probas colectivas que teñen coma obxectivo observar ás persoas candidatas noutro contexto para comprobar as súas competencias laborais, capacidades, a súa aptitude para traballar en grupo e outras cuestións que a compañía necesita coñecer para saber se é a persoa axeitada para o posto ofertado.
O obxecto das dinámicas grupais en procesos de selección é avaliar as competencias das persoas candidatas mentres interactúan. Adoitan ser reunións dun grupo de entre seis e oito persoas, a quen se lles expón unha situación sobre a que teñen que tomar unha serie de decisións. Unha das dinámicas máis habituais e formar un equipo ficticio que terá que decidir que facer ante unha situación concreta, coma por exemplo un naufraxio (exemplos dinámica da nasa, da illa deserta…).
O QUE HAI QUE FACER
— Mostrarse natural e con seguridade nun mesmo.
— Argumentar con sentido nas distintas intervencións.
— Apoiar as opinións doutras persoas candidatas, si se está de acordo.
— Mostrarse educada/os e corteses co resto do grupo.
VALORARASE
— Romper o xeo ao comezo da proba.
— Enfocar a discusión e servir de guía para o grupo (sen autoritarismos), intentando alcanzar un consenso.
— Resumir e sacar conclusións antes de finalizar.
O QUE SE DEBE EVITAR
— Monopolizar a charla.
— Gardar silencio durante toda a proba.
— Criticar as intervencións das demais persoas candidatas.
— Ser polémica/o ou pretender estar en posesión da verdade absoluta.