martes, 18 de abril de 2023

COMPETENCIAS PROFESIONAIS

Atopámonos ante un mercado de traballo en constante transformación e a persoa en busca de emprego debe adaptarse ás demandas dese mercado laboral.

As e os profesionais non poderán desenvolver dun xeito eficaz esta adaptación desenvolvendo como único obxectivo a adquisición de coñecementos e destrezas a través dun sistema de formación regrada e continua.

A formación dirixida á adquisición de coñecementos técnico-científicos e culturais é importante, pero é preciso clarexar toda unha serie de competencias clave que están asociadas a condutas e actitudes das persoas.

As competencias son todas aquelas habilidades e aptitudesque teñen as persoas e que lles axuda a desenvolver un traballo de forma exitosa. Pódense definir como a capacidade aprendida para realizar adecuadamente unha tarefa, función ou rol. É dicir, é a integración de coñecementos habilidades e destrezas, actitudes e valores necesarios para exercer unha profesión, resolver os conflitos profesionais, colaborar na organización do traballo... Existen diferentes tipos de competencias que te identifican e te fan máis ou menos apto para un tipo de traballo.

É importante coñecer ás competencias que posúes e as que requiren no posto de traballo desexado, para así saber se podes optar ou no a ese posto. Existen unhas competencias básicas comúns a case todas as profesións, sen embargo e segundo o sector específico e o desempeño a realizar demándase un perfil de competencias concreto.

Hai que distinguir entre competencias profesionais e persoais, a combinación de ambas lévanos a eficiencia profesional.

LISTAXE DE COMPETENCIAS