A carta de presentación é un complemento ao CV, que aporta un valor diferencial á candidatura. É á vez un saúdo de cortesía e a presentación inicial da persoa candidata
O obxectivo da carta é causar unha boa primeira impresión, de forma que quen a lea popida considerar que atrae a atención da persoa que a lee
O motivo dunha carta de presentación é comunicar unha mensaxe específica e personalizada á persoa encargada da selección de persoal.
A mensaxe da carta de presentación debe cubrir dous puntos fundamentais:
- Transmitir o noso interese por conseguir un posto de traballo en concreto, e argumentar as razóns que nos converten no/a candidato/a ideal para desempeñalo.
- Suxerir a posibilidade de concertar unha entrevista.
A función dunha carta é describir as actitudes, máis que os coñecementos (xa se expón no cv), expresar o interese que ten a persoa candidata pola empresa e o posto de traballo.
Deben ser únicas para cada empresa e posto ao que queremos optar. Se empregamos o mesmo modelo para varias candidaturas, será demasiado xenérico e non aportará ese valor diferencial que estamos buscando.
A continuación achegamos algunhas recomendacións e plantilla para a elaboración dunha carta de presentación, así como algúns exemplos que poden ser de utilidade.