venres, 28 de abril de 2023

A CARTA DE PRESENTACIÓN

A carta de presentación é un complemento ao CV, que aporta un valor diferencial á candidatura. É á vez un saúdo de cortesía e a presentación inicial da persoa candidata

O obxectivo da carta é causar unha boa primeira impresión, de forma que quen a lea popida considerar que atrae a atención da persoa que a lee

O motivo dunha carta de presentación é comunicar unha mensaxe específica e personalizada á persoa encargada da selección de persoal.

A mensaxe da carta de presentación debe cubrir dous puntos fundamentais:

  1. Transmitir o noso interese por conseguir un posto de traballo en concreto, e argumentar as razóns que nos converten no/a candidato/a ideal para desempeñalo.
  2. Suxerir a posibilidade de concertar unha entrevista.
A función dunha carta é describir as actitudes, máis que os coñecementos (xa se expón no cv), expresar o interese que ten a persoa candidata pola empresa e o posto de traballo.
 
Deben ser únicas para cada empresa e posto ao  que queremos optar. Se empregamos o mesmo  modelo para varias candidaturas, será demasiado xenérico e non aportará ese valor diferencial que estamos buscando.

A continuación achegamos algunhas recomendacións  e plantilla para a elaboración dunha carta de presentación, así como algúns exemplos que poden ser de utilidade.

COMO ME VENDO NUNHA ENTREVISTA DE TRABALLO?


Boletín de Ofertas de Emprego nº 06, do 10 de marzo de 2023.

mércores, 26 de abril de 2023

O CURRICULUM VITAE

A Procura de Emprego debe partir da realización dun bo e axeitado CURRICULUM.

Podemos definilo como: 

  • Tarxeta de presentación na busca de emprego. É o primeiro instrumento de contacto entre a persoa demandante de emprego e a empresa.
  • Primeira impresión que se recibe de nos.
  • Primeiro filtro que deben pasar os candidatos
  • Documento que resume de forma clara os datos persoais, a formación e a experiencia profesional dunha persoa.
  • Ten que conseguir atraer o interese  e espertar a atención do que o le.

 Algunhas RECOMENDACIÓNS PARA A ELABORACIÓN DO CURRICULUM VITAE:

  • Brevidade. Non exceder de dúas paxinas.
  • Linguaxe claro e directo.
  • Nunca contar fracasos.
  • Intentar non deixar “lagoas temporais”, por exemplo períodos sen traballo ou sen estudos que poidan suscitar dúbidas.
  • Non cometer faltas de ortografía.
  • Enviar orixinais.
  • Non grapar  as follas.
  • Facelo a medida da oferta á que se acude.
  • Non asinalo
  • Non mencionar termos económicos.
  • Non incluír diplomas nin xustificantes,  pero ter preparados os documentos e títulos do reflectido no cv.
  • Incluír a data de actualización.

QUÉ DEBO INCLUÍR NO MEU CV

QUÉ NON DEBO INCLUÍR NO CV

Datos Persoais (incluír fotografía tamaño carnet)

Formación académica

Formación Complementaria

Experiencia profesional

Idiomas

Informática

Outros datos de interese

Referencias

Fotografía dunha boda, na praia, etc

Letras recargadas ou excesivamente creativas

Mentiras

Ao realizar apreciacións dos propio coñecementos, se debe ser o máis obxectivo posible evitando frases como familiarizados en… acostumado a..


A clave do cv reside no seu poder de comunicación.

Debe transmitir dúas mensaxes:  Que a persoa é capaz de realizar o traballo, e que é rentable para a empresa.

Debe orientar cara as túas posibilidades futuras e non as experiencias pasadas.

Unha boa presentación non é importante, é imprescindible.

Non existe un formato mellor ca outro. A elección dependerá da situación en cada momento.

CV CRONOLÓXICO

CV FUNCIONAL OU TEMÁTICO

CV COMBINADO OU MIXTO


Unha vez que temos decidido como estructurar e distribuír a información, debemos redactar o cv.  Existen plataformas en liña que ofrecen plantillas para deseñar o cv dunha forma atractiva e visual. A continuación achegamos algunhas delas:

CANVA

ONLINE CV

CV MAKER

RESUMONK

VISUAL CV

LIVE CAREER

A ENTREVISTA DE TRABALLO

A entrevista de traballo é a fase mais importante e crucial de todo o proceso de busca de emprego.

O principal é preparala ben, reducindo por unha banda o nivel de inseguridade e por outra aumentando a capacidade de adaptabilidade ante calquera situación (ASPECTOS IMPORTANTES NUNHA ENTREVISTA)
É moi importante acudir á entrevista ben informado/a sobre as actividades, clientes, etc da empresa que te vai  entrevistar, así como coas ideas claras sobre o teu obxectivo profesional.

PASOS PREVIOS Á ENTREVISTA DE TRABALLO: 
  • Infórmate ben sobre a empresa (sector e actividade da empresa, servizos, produtos, políticas de empresa, publicidade, valores, …)
  • Coñece moi ben o teu Currículum vitae.
  • Prepara respostas ás PREGUNTAS relacionadas co mesmo.
  • Aprende a definirte en poucas palabras. Reflexiona antes sobre as túas cualidades.
  • Os teus puntos fortes (logros e éxitos anteriores ou capacidades), para incidir neles. 
  • Anota os teus puntos febles e prepara argumentos para defendelos.
  • Asegúrate do lugar e da hora da entrevista. Pensa no medio de transporte que utilizarás para acudir á entrevista e calcula o tempo necesario. Un teléfono de contacto coa empresa, se te atrasas por calquera motivo (avaría, atascos, etc....) poderías chamar á empresa e  darlle a coñecer a  situación.
  • Ten claros os teus obxectivos e expectativas profesionais.
  • Se te citan por escrito, confirma telefonicamente a túa asistencia.
  • Prepara unha lista de preguntas relacionadas co emprego. Ao final da entrevista daranche a oportunidade de facer as preguntas que desexes. 
  • Un caderno e  un bolígrafo.
Qué pretende a persoa entrevistada?

CONSEGUIR O EMPREGO:  Transmitir una imaxe acorde ás condicións solicitadas. Evitar o nerviosismo.

Que prentende o/a enentrevistador/a?

OBTER  A MAIOR INFORMACIÓN POSIBLE: Acertar na elección do/a mellor candidato/a. Contrastar a información e asegurarse da coherencia


A entrevista de traballo  pode ser:
-  INDIVIDUAL. É a mais habitual de todas.  Lévase a cabo entre a persoa que busca o emprego e un representante da empresa que ofrece o posto de traballo.

-  GRUPAL (con múltiples persoas candidatas). A persoa representante da empresa encárgase de avaliar a un grupo de persoas candidatas ao mesmo tempo. En ocasións, a entrevista compleméntase cunha actividade onde se poden avaliar as habilidades colaborativas de cada unha das persoas participantes; DINÁMICAS DE GRUPO EN PROCESOS DE SELECCIÓN.




martes, 25 de abril de 2023

TRÁMITES PARA A POSTA EN MARCHA DUNHA EMPRESA



Unha vez que teñamos decido que forma xurídica que adoptará o noso negocio (ver post formas xurídicas), teremos que realizar unha serie de trámites adicionais que garantirán a correcta posta en marcha da empresa


A. TRÁMITES NA AXENCIA TRIBUTARIA (AEAT)

Alta no Censo de Empresarios
Declaración censal de comezo, modificación ou cesamento de actividade que han de presentar a efectos fiscais os empresarios individuais, os profesionais e as sociedades. 
Primeira copia de Escritura no caso das sociedades. Impresos 036 (sociedades), 037 (empresario individual).

Imposto sobre actividades económicas
É un tributo derivado do exercizo de actividades empresariais, profesionais ou artísticas.


B. TRÁMITES NA TESOURERÍA  DA SEGURIDADE SOCIAL

Afiliación e número da Seguridade Social
Acto administrativo mediante o cal a Tesouraría Xeral da Seguridade Social recoñece a condición de incluída no Sistema de Seguridade Social á persoa física que por primeira vez realiza unha actividade determinante da súa inclusión no ámbito de aplicación do mesmo.
A solicitude de Afiliación formúlase no modelo TA.1 "Solicitude de Afiliación/Número de Seguridade Social”.
SISTEMA RED: un servizo que ofrece a TGSS , cuxa misión é permitir o intercambio de información e documentos entre ambas as entidades (TGSS e usuarios/as) a través de Internet.

Alta no Réxime da Seguridade Social.
Réxime que regula a cotización á Seguridade Social dos traballadores autónomos (empresarios individuais), comuneiros e os socios e  Administradores dalgunhas sociedades.
Aos efectos deste Réxime Especial, entenderase como traballador por conta propia ou autónomo, aquel que realiza de forma habitual, persoal e directa unha actividade económica a título lucrativo, sen suxeición por ela a contrato de traballo e aínda que utilice o servizo remunerado doutras persoas, sexa ou non titular de empresa individual ou familiar.

Inscrición da empresa
A inscrición é o acto administrativo polo que TXSS asigna ao empresario un número para a súa identificación e control das súas obrigacións no respectivo Réxime do Sistema da Seguridade Social. Devandito número é considerado como primeiro e principal Código de Conta de Cotización. A solicitude realizarase no modelo TA.6 
Ao Código de Conta de Cotización Principal vincularanse todos aqueloutros que poidan asignárselle a un empresario. É importante sinalar que o empresario debe solicitar un Código de Conta de Cotización (modelo TA.7 ) en cada unha das provincias onde exerza actividade, así como en determinados supostos en que sexa necesario identificar colectivos de traballadores con peculiaridades de cotización.


C. TRÁMITES NO CONCELLO

Alta no imposto sobre ben inmobles
Este trámite non é obrigatorio, pero é moi habitual xa que son moitas as empresas que dispoñen de bens inmobles.
É  un tributo directo que grava:
  •  A propiedade dos bens inmobles de natureza rustica e urbana localizados nos diferentes termos municipais,
  • A titularidade dun dereito real de usufructo, 
  • A titularidade dun dereito de superficie,
  • A titularidade dunha concesión administrativa sobre estes bens ou sobre os servizos públicos que están afectados.

Licenza de actividade
Solicitude das licenzas pertinentes en función do tipo de actividade da empresa. Estas solicitudes deberanse realizar no concello do municipio no cal a empresa exercerá a súa actividade. Entre os tipos de licenzas máis habituais atópanse:

Licenza de Actividades e instalacións e obras.
Licenza de Funcionamento.

Ten por obxecto autorizar a posta en uso dos edificios, locais ou instalacións, previa constatación de que foron efectuados de conformidade ás condicións da licenza de actividades e instalacións e de que se atopan debidamente terminados e aptos, segundo as condicións urbanísticas, ambientais e de seguridade do seu destino específico.


D. TRÁMITES NO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO ESSTATAL (SEPE)

Alta dos contratos de traballo
Este trámite consiste en realizar a legalización ou alta dos contratos de traballo dos traballadores/as por conta allea.
Este é un trámite obrigatorio que ten que realizar a empresa nun prazo non superior a 10 días desde a firma do contrato. 
O SEPE pon a disposición do empresario unha web na que é posible realizar dita comunicación, Contrat@.


E. TRÁMITES Cª DE TRABALLO E BENESTAR.

Comunicación de apertura do centro de traballo.
Constituída a Sociedade ou decidida polo empresario a iniciación da súa actividade, deberase proceder á comunicación de apertura do centro de traballo, a efectos do control das condicións de Seguridade e Saúde Laboral.
Esta comunicación debe ser presentada calquera que sexa a actividade da empresa.
Un Centro de traballo, é calquera área, edificada ou non, na que os traballadores deban permanecer ou á que deban acceder por razón do seu traballo.


F. TRÁMITES NA INSPECCIÓN PROVINCIAL DE TRABALLO.

Calendario Laboral
As empresas deben expoñer en cada centro de traballo, en lugar visible, o calendario laboral.
O calendario conterá o horario de traballo da empresa e a distribución anual dos días de traballo, festivos, descansos semanais e entre xornadas, e outros días inhábiles, tendo en conta a xornada máxima legal ou, no seu caso, a pactada por convenio colectivo ou entre partes.


G. REXISTRO DA PROPIEDADE INMOBILIARIA

Inscrición no Rexistro da Propiedade Inmobiliaria
Inscrición ou anotación dos actos e contratos relativos ao dominio e demais dereitos reais sobre bens inmobles. Este rexistro pode efectualo o que adquira un inmoble, transmítao, teña interese en aseguralo, ou quen ostente a representación de calquera deles


H. REXISTRO INDUSTRIAL

Iscrición no Rexistro Industrial.
Inscrición do establecemento non Rexistro Industrial e autorización dá posta en marcha da actividade industrial. Hase de inscribir non Rexistro Industrial:
  • Unha nova industria.
  • Ampliación ou modificación dá industria inscrita.
  • Traslado da industria.
  • Cambio de titularidade.
  • Cambio de actividade.
  • Cesamento non estacional ou baixa definitiva.
  • Substitución de maquinaria ou calquera outra modificación dous datos que figuren non Rexistro Industrial.

I. AXENCIA ESPAÑOLA DE PROTECCIÓN DE DATOS

Rexistro de Ficheiros de Carácter Persoal
Obrigación das persoas responsables de xestionar datos de carácter persoal para garantir o dereito á protección dos devanditos datos.
Cando o emprendedor vaia a crear a súa empresa, se esta vai xestionar datos de carácter persoal, deberá ter en conta as obrigacións da LOPD, xa que o emprendedor será o responsable dos ficheiros, e por tanto caerán sobre el, ditas obrigacións.
Os ficheiros con datos de carácter persoal deberanse inscribir no Rexistro Xeral de Protección de Datos.


K. OFICINA ESPAÑOLA DE PATENTES E MARCAS

Rexistro de signos distintivos.
Para ter protección xurídica da túa marca ou nome comercial, é necesario rexistrala na Oficina Española de Patentes e Marcas.
A duración da protección conferida é de dez anos a partir da data do depósito da solicitude e poden ser renovados indefinidamente. Para o mantemento en vigor dos Signos Distintivos é preciso o pago de taxas. Oficina de patentes e Marcas


MÁIS INFORMACIÓN EN PLATAFORMA PYME

luns, 24 de abril de 2023

AS FORMAS XURÍDICAS

Cando unha persoa vai emprender, desenvolveu a idea, e comeza co deseño do plan de empresa, debe ser coñecedora das distintas formas xurídicas de empresa existentes no noso país.

Estas son os tipos de empresa existentes, clasificadas en función de se é unha persoa física ou se é unha persoa xurídica:


EMPRESARIO/A  INDIVIDUAL - AUTÓNOMO

Persoa física que realiza en nome propio e por medio dunha empresa unha actividade comercial, industrial ou profesional.

As características do traballo autónomo son:

  • Control total da empresa por parte do propietario/a, que dirixe a súa xestión.
  • A personalidade xurídica da empresa é a mesma que a do seu titular (empresario/a), quen responde persoalmente de todas as obrigacións que contraia a empresa.
  • Non existe diferenciación entre o patrimonio mercantil e o seu patrimonio civil.
  • Non precisa proceso previo de constitución. Os trámites inícianse ao comezoda actividade empresarial.
  •  A achega de capital á empresa, tanto na súa calidade como na súa cantidade, non ten máis límite que a vontade da persoa empresaria

COMUNIDADE DE BENS

Propiedade dunha cousa ou dereito que pertence pro indiviso a unha pluralidade de persoas.(definición código civil). As características: 
  • Non ter personalidade xurídica propia.
  • Réxese polo Código de Comercio e en materia de dereitos e obrigacións polo Código Civil.
  • Debe haber un contrato privado onde se especifiquen as achegas e a porcentaxe que ten cada comuneiro/a na comunidade.
  • O comuneiro/a non ten que facer unha achega mínima. Pode achegar só bens, considerando bens o diñeiro ou o traballo por se sós.
  • Teñen que ser como mínimo dúas persoas

SOCIEDADE DE RESPONSABILIDADE LIMITADA (S.L)

Réxese polo Real Decreto Lexislativo 1/2010 do 2de xullo.
A Sociedade de responsabilidade limitada é unha sociedade de carácter mercantil na que o capital social, que estará dividido en participacións sociais, indivisibles e acumulables, integrarase polas achegas de todos os socios/as, quen non responderán persoalmente as débedas sociais.
Os Órganos sociais están compostos por:
· Xunta Xeral de socios/as
· Os Administradores
A Responsabilidade está limitada ao capital aportado.


SOCIEDADE LIMITADA DE NOVA EMPRESA

É unha especialidade da Sociedade de Responsabilidade Limitada (SRL).  O seu capital social está dividido en participacións sociais e a responsabilidade fronte a terceiros está limitada ao capital achegado. 
O número máximo de socios no momento da constitución limítase a cinco, que han de ser persoas físicas. Permítese a Sociedade Limitada Nova Empresa unipersonal.
O número de persoas socias pode incrementarse pola transmisión de participacións sociais. Se como consecuencia da transmisión, son persoas xurídicas as que adquiren as participacións sociais, estas deberán ser enajenadas a favor de persoas físicas no prazo máximo de tres meses.
O obxecto social é xenérico para permitir unha maior flexibilidade no desenvolvemento das actividades empresariais sen necesidade de modificar os estatutos da sociedade.
 A denominación social componse dos apelidos e o nome dun dos socios máis un código alfanumérico único (ID-CIRCE).

SOCIEDADE ANÓNIMA

É unha sociedade de carácter mercantil na que o capital social, dividido en accións, está integrado polas aportacións das persoas socias, quen non responden persoalmente das débedas sociais.

Está formada polos seguintes órganos sociais:
- Xeral de accionistas.
- Administradores.

SOCIEDADE DE RESPONSABILIDADE LABORAL

Son sociedades de responsabilidade limitada nas que a maioría do capital social é propiedade das persoas traballadoras que prestan nelas servizos retribuídos de forma persoal e directa, e que teñen unha relación laboral por tempo indefinido coa sociedade.

Na denominación deberá figurar a indicación "Sociedade anónima laboral" ou "Sociedade de responsabilidade limitada laboral" ou as súas abreviaturas SAL ou SLL.

O capital social estará dividido en accións nominativas ou en participacións sociais.
Cando se trate de sociedades anónimas laborais, o capital social mínimo será de 60.000 €, desembolsado polo menos nun 25 por cento no momento da constitución.
Se se trata de sociedades limitadas laborais o capital social mínimo será de 3.000 €, desembolsado no momento da constitución.

SOCIEDADE COOPERATIVA

Unha sociedade cooperativa é unha sociedade constituída por persoas que se asocian, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, para realizar actividades empresariais, encamiñadas a satisfacer as súas necesidades e aspiracións económicas e sociais, e que funcionan con estrutura e funcionamento democrático.




Máis información: Páxina do IGAPE
                             Plataforma PYME

venres, 21 de abril de 2023

A MARCA PERSOAL


A marca persoal significa poñer en valor o que te diferenza dos demais, o que ti aportas en contraposición coas outras persoas. Consiste en xestionar o teu perfil como si se tratase dunha marca, o que implica: saber cales son os puntos fortes e explotalos, os puntos débiles para melloralos e propoñer uns obxectivos a conseguir e pensar como diferenciarte do resto de persoas candidatas ao posto.

A marca persoal significa “construír o teu propio marketing”, mellorando e aumentando a notoriedade no mercado laboral. Crear unha marca persoal non é outra cousa que coñecernos poñendo en valor as competencias e características que nos fan destacar.

A finalidade de calquera marca, incluída a marca persoal, é vender. Buscar emprego é converter os servizos da persoa en busca de emprego nunha oferta comercial na que se vende a capacidade de traballo. Hai que aprender a vender o que fas (non o que es).

Á hora deseñar a túa Marca Persoal (personal branding) é imprescindible fixarse unha meta: ¿Que quero facer?, ¿En que quero ser experto?. 


A marca persoal na rede

A creación da túa marca persoal non é algo sinxelo. Dende o primeiro momento que creas unha conta en twitter, linkedin, facebook, etc, estás creando a túa marca persoal.

Terás que empregala de forma efectiva para obter beneficios. Debemos posicionarnos e estar nas canles adecuadas, crear unha imaxe propia e fiel ás nosas crenzas e valores.


Recomendacións para crear a túa Marca Persoal na Procura de Emprego.

  • Dedica tempo e esforzo a cada rede social, coida a información que vas a expoñer sobre ti e sobre a túa experiencia laboral, sobre a túa imaxe, logros, etc. 
  • Debes coñecer as posibilidades que te ofrece cada ferramenta para axudarte a buscar emprego, contactos e networking (traballar a túa rede de contactos. Facer Networking é acudir a actividades eventos co fin de incrementar a rede de contactos profesionais e buscar oportunidades de negocio.)
  • Busca nas redes sociais, empresas e reclutadores/as que te podan interesar par o teu futuro posto de traballo.
  • Traza unha estratexia sobre os contidos, que queres publicar e que queres que te definan coma profesional.
  • Traballa no teu CV, creativo é gráfico. (ver entrada CV deste blog)
  • Personaliza as cartas de presentación ( ver  entrada carta de presentación deste blog)


xoves, 20 de abril de 2023

A EMPREGABILIDADE

A Empregabilidade é a capacidade dunha persoa traballadora de atopar e manter un emprego.

CUESTIÓNS A TER EN CONTA:
  • O mercado de traballo, estrutura e tendencias.
  • A Actitude ante a procura de emprego.
  • O obxectivo profesional.
  • Vías de acceso ao emprego.

mércores, 19 de abril de 2023

O CV EUROPASS

O CV Europeo o EuroPass é o formato de Curiculum Vitae estándar creado e homologado pola Unión Europea para describir as aptitudes académicas e profesionais dos e das cidadáns da Unión Europea.

O CV EuroPass conta con múltiples vantaxes, unha das máis importantes ten que ver co feito de contar cun CV homologado pola Unión Europea. Ademais, o CV EuroPass recolle e expón toda a información necesaria para a presentación nun proceso de selección, a información amósase dunha maneira sistemática e cronolóxica, que se adapta ao marco de la UE.

O CV Europass  non é o modelo de CV máis bonito nin atractivo, pero reflexa ben as competencias.

É importante sinalar no cv como datos personais, o perfil de  LinkedIn, a conta de  Twitter... Para que se o prefiren, as empresas poidan contactar e ver o perfil profesional por outros canles.

Para acceder a plataforma europass preme aquí



Boletín de Ofertas de Emprego nº 05, do 03 de marzo de 2023.

martes, 18 de abril de 2023

COMPETENCIAS PROFESIONAIS

Atopámonos ante un mercado de traballo en constante transformación e a persoa en busca de emprego debe adaptarse ás demandas dese mercado laboral.

As e os profesionais non poderán desenvolver dun xeito eficaz esta adaptación desenvolvendo como único obxectivo a adquisición de coñecementos e destrezas a través dun sistema de formación regrada e continua.

A formación dirixida á adquisición de coñecementos técnico-científicos e culturais é importante, pero é preciso clarexar toda unha serie de competencias clave que están asociadas a condutas e actitudes das persoas.

As competencias son todas aquelas habilidades e aptitudesque teñen as persoas e que lles axuda a desenvolver un traballo de forma exitosa. Pódense definir como a capacidade aprendida para realizar adecuadamente unha tarefa, función ou rol. É dicir, é a integración de coñecementos habilidades e destrezas, actitudes e valores necesarios para exercer unha profesión, resolver os conflitos profesionais, colaborar na organización do traballo... Existen diferentes tipos de competencias que te identifican e te fan máis ou menos apto para un tipo de traballo.

É importante coñecer ás competencias que posúes e as que requiren no posto de traballo desexado, para así saber se podes optar ou no a ese posto. Existen unhas competencias básicas comúns a case todas as profesións, sen embargo e segundo o sector específico e o desempeño a realizar demándase un perfil de competencias concreto.

Hai que distinguir entre competencias profesionais e persoais, a combinación de ambas lévanos a eficiencia profesional.

LISTAXE DE COMPETENCIAS

luns, 17 de abril de 2023

Boletín de Ofertas de Emprego nº 04, do 24 de febreiro de 2023.

AS EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORAL



A ETT, é unha empresa que serve de intermediaria para procurar un emprego a unha persoa traballadora. É unha empresa que se dedica a contratar a persoas traballadoras para cedelas a outras compañías, é dicir, a seus clientes non son as persoas senón as empresas.

Así mesmo as Empresas de Traballo Temporal poderán actuar como axencias de colocación, cando cumpran os requisitos establecidos no texto refundido da Lei de Emprego, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2015, do 23 de outubro, e a súa normativa de desenvolvemento.

A lei establece que os contratos celebrados a través das ETT son de carácter temporal:
- Eventual o por circunstancias da produción: ata 12 meses
- Interinidade: non superará los 3 meses.
- Por obra e servizo.

Máis información en:



A continuación achegamos un listado de ETT DE INTERESE nas que poderás inserir o teu curriculum vitae. Preme no nome da ETT e accederás a súa web: